O sector pesqueiro cre que no acordo sobre as cotas hai máis puntos positivos que negativos
Unha parte do sector viviu de preto en Bruxelas as negociacións do Consello de Pesca. Por exemplo, Torcuato Teixeira, secretario xeral de Pescagalicia, que cre que o acordo ten máis cousas boas que malas.
Dende a Federación Nacional de Confrarías aseguran tamén que o repartimento é satisfactorio, sobre todo, tendo en conta a dureza das propostas iniciais da Comisión.
O que ven como máis negativo son os recortes dun 40% no xurelo do Cantábrico e un 20% na pescada do Gran Sol.
Como moi positivo destacan os aumentos no xurelo do sur, a xarda e que se abra a porta a mirar como está a cigala, para unha posible reapertura da costeira, despois de tres anos pechada.
E consideran acertado que España buscara unha estratexia conxunta de negociación con Portugal e Francia.