CRTVG

Buscar

O sector madeireiro crea unha aplicación para a comunicación directa entre as empresas forestais e os concellos

Publicado o 21/07/2021 21:33

A comunicación en tempo real entre as empresas do sector forestal e os concellos é xa unha realidade. A asociación Lugo Madeira creou unha aplicación móbil para que dende o propio monte poidan achegar todo tipo de información dos traballos que cómpre realizar.

"É unha demanda das empresas do sector; pedían unha ferramenta homoxénea para comunicarse coa administración local. Que eles teñan un único formulario ou procedemento para avisar os concellos de cando inician os traballos de aproveitamento no seu territorio", sinala Nuria Rodríguez, secretaria xeral da Asoiación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo.

Antes nalgúns concellos precisábanse solicitudes con certa antelación e mesmo o pagamento de taxas ou avais, agora a través deste sistema a comuniciación é instantánea e as empresas de transformación informan do inicio ou o remate dos traballos e mesmo achegan fotografías.

"Para os concellos é unha ferramenta moi útil porque vai ter en tempo real o estado en que se encontran as vías que están utilizando as empresas forestais e vai ter localizadas as empresas con todos os seus datos", sinala Nuria Rodríguez, secretaria xeral da Asoiación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo.

Once concellos da provincia de Lugo que representan o 21 % da madeira aproveitada sumáronse xa a esta iniciativa, que representa unha ferramenta áxil e eficaz para as súas comunicacións coas administracións locais.

Noticias web

21/07/2021