CRTVG

Buscar

O sector leiteiro andaluz leva a cabo protestas para esixir uns prezos xustos do leite

Publicado o 10/08/2021 08:31
O sector leiteiro andaluz leva a cabo protestas para esixir uns prezos xustos do leite

Organizacións agrarias do sector leiteiro andaluz levan a cabo protestas para esixir medidas ás administracións que garantan uns prezos xustos do leite. Reclaman, tal e como di a Lei da cadea alimnentaria, uns prezos en consonancia cos custos de produción.

En Galicia, Unións Agrarias, xa anunciou que impulsará accións legais e sindicais nas vindeiras semanas se non se consegue que industria e distribución se sumen de xeito decidido para que a norma se cumpra no sector lácteo.

Noticias web

10/08/2021