CRTVG

Buscar

O sector insatisfeito coa Lei de Cambio Climático que se aproba no Congreso

Publicado o 13/05/2021 15:27

A Lei do Cambio Climático e da Transición Enerxética quedará definitivamente aprobada hoxe no Congreso. O texto final incorpora cambios que corrixen os elementos de inconstitucionalidade que denunciaba a Xunta.

Para o sector a nova lexislación é unha solución a medias. A anulación da retroactividade na renovación das concesións supón un alivio, pero a lei deixa en mans da administración central as prórrogas das empresas.

As centos de empresas afectadas no litoral galego piden a retirada do artigo que fai referencia ás concesións, consideran que non ten relación co cambio climático e que lles impide obter prórrogas extraordinarias. Desde o sector poñen a vista na lei de costas. 

Ence valora positivamente os cambios na lei que ameazaban a súa concesión. Con todo a pasteira mantén a incerteza á espera da sentenza da Audiencia Nacional da que neste momento depende o seu futuro.

 

Noticias web

13/05/2021