O sector forestal Galego aguantou a facturación durante a pandemia
Publicado o 12/07/2021 13:24

Este luns presentouse o informe da actividade do sector forestal Galego durante o ano pasado, cuns resultados que cualifican de satisfactorios. A facturación aguantou ben a pesar da pandemia e volveu superar os 2.000 millóns de euros. O obxectivo é potenciar as cadeas de valor na industria forestal. Produtos como mobles ou cortiza experimentan prezos á alza.