CRTVG

Buscar

O sector ferroviario estrea hoxe a sua liberalización

Publicado o 14/12/2020 09:15

O transporte ferroviario de viaxeiros estrea hoxe a súa liberalización en España e Europa, ainda que a pandemia demorou a entrada no noso país do operador público francés SNCF, un dos dous novos competidores de RENFE.

Asi que RENFE seguirá en solitario ata que se levante o estado de alarma en maio. A compañía gala comezará a operar entón entre Madrid e Barcelona coa súa marca de baixo custo OUIGO e prezos un 50 % por debaixo dos actuais de RENFE.

En 2022 está previsto que comece a operar a compañía ILSA nos corredores de alta velocidade que enlazan Madrid con Barcelona, Levante e o Sur.

 

Noticias web

14/12/2020