CRTVG

Buscar

O sector dos salons de peiteado e centros de estética volve reclamar o IVE reducido

Publicado o 17/05/2021 14:09

Nova concentración de protesta do sector dos salóns de peiteado, barberías e centros de estética, a terceira no que vai de ano, que nesta ocasión se celebrou simultaneamente en 70 cidades e vilas de toda España, oitos delas galegas.

Cun descenso na facturación do 40 por cento no primeiro trimestre do ano, reclaman ao Goberno que lles aplique o IVE reducido do 10 por cento para poder subsistir.Por terceira vez no que vai de ano, os propietarios e empregados do sector dos salóns de peiteado, barberías e centros de estética volveron concentrarse para reclamar ao Goberno que lles aplique o IVE reducido do 10 por cento, en vez do 21 por cento actual.

Considerados esenciais durante a pandemia, tres de cada dez negocios do sector da imaxe persoal víronse obrigados a pechar no último ano e o resto sobrevive con moitas dificultades.

No primeiro trimestre deste ano a facturación descendeu un 40 por cento con respecto ao mesmo período do ano previo á pandemia."Un corenta por cento nun autónomo ou nunha autónoma supón case, case o peche ou subsistir para gastos."Concentracións como a celebrada na compostelá praza do Obradoiro repetíronse simultaneamente noutras sete cidades e vilas galegas. En todo o Estado estaban convocadas 70. A de Madrid, unha das máis concorridas, levou as reclamacións do sector ás portas do Congreso dos Deputados.

Noticias web

17/05/2021