O sector do xogo nega contaxios nos seus establecementos e pide poder abrir
Publicado o 14/01/2021 16:21
Coa entrada en vigor das novas normas, as salas de máquinas recreativas e de xogos dos 60 concellos galegos que entran en nivel alto de restricións, entre eles as grandes cidades teñen que pechar. O sector dí que se ata o de agora a situación xa era complicada, cunha caida na recadación de en torno ao 40 por cento, as novas medidas aínda o van complicar moito máis.
E fan unha comparación co sector da hostalería que terá que pechar as seis da terde, e os seus locais xa nin abrirán. Insisten que os principais focos de contaxios non se produciron nos seus establecementos, polo que piden poder continuar coa actividade.