O sector do lecer nocturno urxe un plan de rescate
Publicado o 15/12/2020 15:16
Nova mobilización do sector do lecer nocturno. Protagonizaron unha caravana de coches en Vigo. Levan nove meses pechados, pagando os locais e, ás portas do Nadal, din que hai familias arruinadas. Canda eles marcharon provedores e taxistas.
Consideran que as axudas chegan tarde e piden un plan de rescate urxente. Unha demanda á que tamén se suman os hostaleiros coruñeses.