CRTVG

Buscar

O sector do lecer infantil lanza un SOS

Publicado o 19/01/2021 12:56

Os parques de lecer infantís foron dos primeiros negocios obrigados a pechar pola pandemia hai case un ano e dos últimos en volver abrir coa nova normalidade. Pero os hábitos mudaron e moitas familias deixaron de celebrar os aniversarios dos seus pequenos nestes espazos ou de levar os cativos para pasar unha tarde de xogos.

Os empresarios do sector din que están ao límite. Por iso lanzan unha mensaxe ás familias para que recuperen a confianza nestes negocios como espazos de diversión e seguros para os cativos.

Mentres a situación non mellore, reclaman axudas específicas para poder subsistir.

Noticias web

19/01/2021