CRTVG

Buscar

Pescadores recreativos de Galicia levarán á rúa as súas protestas contra o decreto que regulará a actividade

Publicado o 28/05/2021 13:59

O sector galego da pesca marítima de recreo pide a retirada do borrador do real decreto que regula esta actividade e que se redacte un novo que recolla as súas reivindicacións. Os pescadores recreativos manifestaranse este sábado en Burela e o seguinte, en Santiago de Compostela.

O sector da pesca marítima de recreo, que reúne en Galicia máis de 80.000 licenzas, non se opón a que se regulamente a actividade, pero pide que os teñan en conta. Por iso, reclaman a retirada do borrador do decreto sobre esta práctica en augas exteriores e que se elabore un novo previo estudo da situación dos recursos pesqueiros. Tal como está redactado o borrador, son moi críticos coa obriga de marcar todas as capturas, piden que se lle asignen cotas e vedas e consideran excesivamente complexo o sistema de licenzas.

Para visibilizar as súas protestas, este sábado manifestaranse en Burela e o seguinte farano polas rúas de Santiago.

Noticias web

28/05/2021