CRTVG

Buscar

O sector da hostalería pide un esforzo ás administración para pechar un plan de rescate

Publicado o 26/01/2021 15:29

Para seguir avanzando nun plan de rescate para a hostalería e o turismo galegos, mañá volverán reunirse Xunta, concellos, deputacións e hostaleiros. A xuntanza de onte rematou sen acordo. O sector di estar afogado e urxe ese rescate. 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia lamenta que, de momento, só teñan comprometidos 50 millóns por parte da Xunta. Cesáreo Pardal di que "o único que está claro é que eses cartos da Xunta os vai poñer si ou si. O sector vería con bos ollos que o resto das adminsirtracións tamén arrimaran o ombreiro nestes momentos, que sexa unha soa entidade a que xestione estes cartos e que as axudas cheguen o máis pronto posible"

 

Noticias web

26/01/2021