CRTVG

Buscar

O sector da hostalería negocia coa Xunta a contía das axudas

Publicado o 09/11/2020 15:50

Os hostaleiros volvían a manifestarse diante da Xunta mentres dentro de San Caetano representantes do sector negociaban o reparto das axudas directas do goberno galego. 

A primeira liña exclusiva para o sector ascende a 14 millóns de euros. O establecementos hostaleiros máis afectados poden chegar a recibir 7.000 euros.

A Xunta flexibilizará os requisitos para acceder a estas achegas e vai permitir, por exemplo, compatibilizalas co servizo de recollida de comida e o reparto a domicilio.

O vicepresidente primeiro da Xunta dixo que este é un exemplo do compromiso do executivo autonómico e pediulle ao resto das administracións que se tamén se impliquen. Unha petición que tamén fan dende o sector do turismo e o da hostalería.

O presidente do clúster do turismo, Cesáreo Pardal, pediulle aos concellos e deputacións que non cobren o IBI e ao Goberno central que estenda os ERTE e reduza o IVE.

O sector insiste na importancia de non permitir que se destrúa o tecido empresarial.

 

Noticias web

09/11/2020