CRTVG

Buscar

O sector da construción segue padecendo falta de man de obra cualificada

Publicado o 14/05/2021 21:19

Foron case 3700 contratos máis no mes de abril ca en marzo. A contratación no sector da construción en Galicia medrou un 3,1% o mes pasado, un crecemento que supera en máis dun punto á media española segundo datos de Randstad.

Datos que contrastan co que están a constatar desde o propio sector en Galicia.O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia si rexistrou un aumento de visados. Hai máis proxectos.

Aínda así os proxectos de construción residencial seguen a ser os máis numerosos sexan residencia colectiva ou unifamiliar.

Noticias web

14/05/2021