CRTVG

Buscar

O sector da construción busca en Galicia a súa remuda xeracional

Publicado o 03/06/2021 13:35
O sector da construción busca en Galicia a súa remuda xeracional

O sector da construción busca en Galicia a súa renovación xeracional coa contratación de man de obra nova e cualificada. Con esta finalidade, a Fundación Laboral da Construción en Galicia presentou hoxe o proxecto Constrúate, para impulsar a incorporación dos mozos a esta industria.

En Galicia hai unas 70.000 persoas traballando na construción, das que unicamente 2.100 son menores de 25 anos. O sector calcula que só este ano se precisarán en Galicia entre 4.500 e 7.800 traballadores.

Noticias web

03/06/2021