CRTVG

Buscar

O sector da automoción reclama unha fábrica de baterías eléctricas para Galicia

Publicado o 09/03/2021 14:56

Da batería dependen a autonomía do vehículo eléctrico, a metade do seu peso e máis dun terzo do seu valor. Que a automoción galega poida tamén fabricalas é asegurar o futuro.

Segundo o sector, o proxecto da Zona Franca e do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia para a instalación dunha fábrica de baterías e dun laboratorio de innovación ao abeiro dos fondos Next Generation fortalecerá toda a cadea de valor dun sector económico estratéxico.

A Xunta criticou a decisión do Goberno de impulsar unha macroplanta de baterías en Cataluña cando hai máis comunidades que teñen fábricas de coches. O delegado de Zona Franca asegurou que a demanda requirirá a instalación de varias factorías.

Tamén o Goberno aragonés reclamou impulsar a candidatura de Zaragoza en igualdade de condicións e o alcalde de Cáceres amosouse contrario a que a extración de litio sacrifique o futuro dunha cidade estremeña, dixo, para o desenvolvemento industrial doutra rexión.

Noticias web

09/03/2021