CRTVG

Buscar

O sector cárnico galego desconfía da medida de redución do consumo de carne

Publicado o 20/05/2021 20:38

Por vez primeira, un goberno español propón a redución do consumo de carne. Faino a través da Estratexia 2050 que recolle esa medida como freo as emisións contaminantes e como mellora para a saúde colectiva. O sector cárnico galego non se opón á medida, pero lembra que onde hai que incidir é nas grandes explotacións intensivas e nos cebadoiros industriais, que son minoritarios en Galicia, e non poñer en risco as pequenas granxas

"Hai que incidir nos grandes cebadoiros industriais. Esas vacas non teñen nada que ver con estas que fan un silvopastoreo que beneficia o medio rural e o medio ambiente", defende Elías Somoza, da Federación Rural Galega.

De feito, aseguran que a gandería galega beneficia o medio ambiente polo aproveitamento dos pastos e a captura de CO2 nos solos mediante sistemas extensivos. Din tamén que a carne de Galicia é das máis biosaudables para o home polos métodos de cría, pola alimentación que reciben os animais e polas investigacións que se realizan para mellorar a calidade.

"Temos que desenvolver proxectos para mellorar a produción tanto en calidade como en cantidade", Cruz Castro. Técnico de Asoporcel

Os gandeiros lembran que hai sectores moito máis contaminantes como o da automoción ou o dos dispositivos electrónicos e que non se ven sometidos a tanta presión coma eles.

Noticias web

20/05/2021