O secretario xeral do PSdeG-PSOE analiza xunto ao alcalde de Vigo as prioridades da urbe
Publicado o 24/04/2021 17:02
Unha das imaxes do día atopámola no barrio vigués de Navia. Alí coincidiron este mediodía o secretario xeral dos socialistas galegos e o alcalde da cidade olívica.
Gonzalo e Abel Caballero aproveitaron para analizar as prioridades da urbe e demandáronlle á Xunta de Galicia que non artelle o plan de recuperación económica de costas ás cidades e os concellos.