CRTVG

Buscar

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, deu un paseo polo centro da Coruña

Publicado o 13/04/2019 22:00

O secretario xeral dos socialistas galegos estivo esta tarde na cidade da Coruña. Alí repartiu propaganda electoral nun paseo pola zona do centro. Gonzalo Caballero fixo un chamamento aos indecisos para que voten socialismo.

· Pedro Sánchez en Tenerife

En Tenerife, o candidato socialista á presidencia do Goberno, Sánchez defendeu os investimentos comprometidos nesa comunidade. Ademais, prometeu promover unha reforma da Constitución que blinde o carácter público das pensións. Pediulles o voto aos indecisos e anunciou que celebrarría alí un Consello de Ministros.

 

Noticias web

13/04/2019