O secretario xeral de Infraestruturas insiste en que as rebaixas da AP-9 chegarán este verán
Publicado o 07/06/2021 16:47
Esta mesma mañá, o secretario xeral de Infraestruturas, número dous do ministro Ábalos, referíase ás anunciadas rebaixas nos prezos da autoestrada AP-9.sen concretar a data en que entrarán en vigor. Sergio Vázquez di que se trata dun real decreto moi delicado e insiste en que os descontos chegarán no verán.
"A nosa previsión é telo este verán. Esperamos non ter contratempos, pero o que sempre direi é que queremos un real decreto que sexa xusto para o interese público e que ningunha présa por un mes, unha semana ou dúas semanas vaia poñer en risco un real decreto", dixo o secretario xeral de Infraestruturas.