CRTVG

Buscar

O secretario xeral da ONU pide maior compromiso para frear o cambio climático

Publicado o 01/12/2019 15:07

O secretario xeral da ONU, Antonio Guterres, poñía este mediodía o prólogo ao Cumio do Clima cunha mensaxe que, dixo,"non é de desesperación, senón de esperanza". Pero iso si, incidiu en que hai que actuar xa porque "os cambios climáticos están sucedendo máis rápido do que tiñamos previsto".

Para Guterres é o momento de dar un paso decisivo para implementar o Acordo de París, que resumiu así: "Neutralidade do carbono en 2050, reducción drástica das emisións ata 2030 e garantía de que non teremos un incremento de temperatura superior a a 1,5 graos"

Un dos obxectivos proritarios  que apunta será frear os combustibles fósiles:  "É importante que se asuman aquí compromisos para poñer un prezo ao carbono, compromisos para retirar os subsidios aos combustibles fósiles, onde se gastan trillóns de dólares"

Un dos retos deste cumio, que vai reunir 25.000 persoas, será o excepcional despregamento policial. "Vai ser un número aproximadamente de cinco mil os que van estar a dispoición de garantir a seguridade", explicou o ministro de Interior en funcións. Grande-Marlaska salientou que ese plan de seguridade foi realizando nun tempo récord, en poouo máis de tres semanas.

Noticias web

01/12/2019