CRTVG

Buscar

O Santander obtén un beneficio de 1.608 millóns de euros durante o primeiro trimestre de 2021

Publicado o 28/04/2021 08:22
O Santander obtén un beneficio de 1.608 millóns de euros durante o primeiro trimestre de 2021

O Banco de Santander obtivo un beneficio de 1.608 millóns de euros durante o primeiro trimestre deste ano, case cinco veces máis que no mesmo período do ano pasado cando se declarou a pandemia de coronavirus.

O banco que preside Ana Botín anotou un cargo neto por valor de 530 millóns de euros correspondentes aos custos de reestruturación previstos para 2021, principalmente no Reino Unido e Portugal.

Sen ter en conta este cargo extraordinario, o beneficio ordinario da entidade entre xaneiro e marzo ascende a 2.138 millóns de euros, o maior beneficio ordinario do Santander desde o segundo trimestre de 2010.

Noticias web

28/04/2021