CRTVG

Buscar

O Santander gaña 1.608 millóns de euros no primeiro trimestre

Publicado o 28/04/2021 20:06
O Santander gaña 1.608 millóns de euros no primeiro trimestre

O Banco Santander pechou o primeiro trimestre do ano cun beneficio neto de 1.608 millóns de euros, cinco veces máis que nos tres primeiros meses do ano pasado. O grupo financeiro sitúase así en niveis próximos aos dous anos anteriores previos á pandemia. A pesar destes números dende a dirección non desbotan a posibilidade de facer un novo ERE se o ven necesario para o proceso de transformación en que esta inmerso o sector. A entidade leva 3 procesos de regulación de emprego nos últimos 5 anos e so no firmado a finais do ano pasado despediu 3.500 traballadores.