CRTVG

Buscar

'O Santa Isabel', un filme participado pola Televisión de Galicia dirixido por Paula Cons

Publicado o 13/03/2019 17:09

Estamos en Sálvora, na boca da ría de Arousa. É o escenario principal dunha historia que arranca no 1921 co naufraxio dun barco, O Santa Isabel, nunha noite na que non hai homes para acudir ao rescate e as mulleres son as protagonistas.

A galega Nerea Barros, o arxentino Darío Grandinetti e o vasco Aitor Luna son os protagonistas do filme, que sorprenderá polo seu xénero: o thriller. Seis semanas de rodaxe, que inclúen localizacións en Muros, O Grove, Arzúa ou Compostela para contar esta historia misteriosa de mulleres valentes.

Noticias web

13/03/2019