CRTVG

Buscar

O Salón do cabalo de Galicia que se celebra en Lugo dedícase á raza árabe

Publicado o 18/05/2019 20:24

O cabalo ten todo o protagonismo esta fin de semana en Lugo. O pazo de feiras acolle Equigal, o salón internacional do cabalo de Galicia, que reúne aos mellores exemplares. Hoxe ten lugar o concurso morfolóxico de pura raza árabe.

Un a un os cabalos entran na pista para exhibir o mellor de si. Son exemplares de pura raza árabe. Estes que vemos son exemplares moi novos. A súa presencia neste salón do cabalo de Galicia é un dos atractivos desta cita ecuestre. que se celebra en Lugo desde hai doce anos.

Na pista os cabalos fan gala da súa lozanía, neste certame que por primeira vez é nacional. Os xuíces valoran os aspectos básicos da raza atendendo ao tipo, cabeza e pescozo, corpo, extremidades e movemento.

O concurso morfolóxico de raza árabe acapara o programa desta xornada, pero o salón do cabalo tamén inclúe este domingo unha exhibición de horseball, que combina equitación con baloncesto.

Noticias web

18/05/2019