CRTVG

Buscar

'O sabor das margaridas' volve triunfar en Netflix

Publicado o 05/04/2021 21:06
'O sabor das margaridas' volve triunfar en Netflix

A segunda temporada da serie galega O sabor das margaridas sitúase entre as 10 máis vistas de Netflix-España. A súa estrea o pasado venres xa a coloca no clasificación con máis espectadores na Arxentina, Romanía, Grecia ou O Uruguai, ademais de no noso país.

Un thriller cen por cento galego que está a levar Lugo polo mundo adiante, un xeito máis de promover a nosa terra e a nosa cultura, ademais de colocar o noso audiovisual nos postos de cabeceira.

 

Noticias web

05/04/2021