CRTVG

Buscar

O ritmo de contaxios comeza a frear na cidade de Pontevedra

Publicado o 30/07/2021 15:27

Son baixadas moi lixeiras, pero Pontevedra consegue frear o ritmo de crecemento das infeccións que durante o último mes disparouse sobre todo entre a poboación máis nova.

A incidencia baixa esta semana ata 50 puntos e sitúase en 931 casos por cada cen mil habitantes. Os expertos falan de que podería acadarse a fase de meseta, pero mandan unha mensaxe de prudencia sobre todo con vistas á fin de semana.

Con 832 casos activos na cidade, os pontevedreses optan pola cautela. 23 concellos da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés seguen en risco extremo. Nas unidades de coidados intensivos continúan ingresadas seis persoas e hai nove pacientes máis hospitalizados son un total de 42.

Noticias web

30/07/2021