CRTVG

Buscar

O río Umia sofre verteduras de escabeche cada pouco tempo en Ribadumia

Publicado o 22/08/2019 13:53

É unha imaxe moi común no río Umia, na zona de Cabanelas, no concello de Ribadumia. Cada poucos meses aparecen verteduras no río, e na súa maioría son de escabeche, posiblemente procedentes das industrias conserveiras da zona dos parques empresariais conectados á rede de saneamento.

Crese que o problema deriba duns contedores conectados a unha tubaxe que verte augas nun regato que vai directo ao río Umia. Protección Civil quéixase desta situación, pois eles non poden facer nada, e alertan que é frecuente que aconteza isto.

Dende Protección Civil piden solucións para que as augas do río Umia, moi frecuentado, estean libres de verteduras.

 

Noticias web

22/08/2019