CRTVG

Buscar

O Río Breogán derrota o Castellón

Publicado o 17/04/2021 21:12

Baloncesto. O Río Breogán acaba de gañar o Castellón no Pazo.
Logo dun primeiro tempo igualado, os visitantes abriron oco no terceiro cuarto, rematárono 13 arriba. Pero os lugueses apertaron en defensa e púxeronse por diante cunha tripla de Ahonen a pouco máis de dous minutos do final. E un roubo de Sergi Quintela, con asistencia para Cruz abriu un oco de tres puntos. O partido entrou no intercambio de tiros libres e o Castellón tivo a derradeira posesión para gañar. A tripla de Alvarado nin tocou o aro e o triunfo, sufrido, quedou en Lugo.

Noticias web

17/04/2021