CRTVG

Buscar

O Río Breogán afronta as semifinais de ascenso á ACB co factor cancha a favor

Publicado o 01/06/2021 21:31

• Tito Díaz: "Lugo é favorito"

O Breogán afronta as semifinais polo ascenso á ACB, a tres partidos, contra o Alacante e o factor cancha a favor. O Pazo foi determinante na eliminatoria anterior. Fundamental que se complete o aforo permitido de 1.500 espectadores.

Tito Díaz, director xeral do Río Breogán: "O factor cancha é moi importante, custou moitos meses gañalo e temos que facelo valer".

Breogán e Alacante coincidiron varias veces esta temporada. A maís feliz para os lugueses foi en xaneiro cando se proclamaron campións da Copa Princesa. Pero na fase regular da liga gañaron os alacantinos.

Sergi Quintela, xogador do Río Breogán: "Vai ser unha guerra. O que consiga dar o nivel máis alto de enerxía ten moito gañado". 

Diego Epifanio, adestrador do Río Breogán: "Este primeiro partido é moi importante e a xente ten que darnos un empurrón".

O Breogán inspírase na xesta do Lugo.

Tito Díaz: "Quero empezar felicitando o Club Deportivo Lugo. Somos favoritos non porque sexamos ricos, senón porque somos xente de baloncesto, de sempre".

Un histórico da ACB que aspira un ano máis a volver.

Noticias web

01/06/2021