O río Avia desbórdase ao seu paso por Ribadavia e provoca o corte de varias estradas
Publicado o 18/02/2021 14:42
Xosé saca o tractor da súa casa. Vive ao carón do Avia, na Quinza, e Protección Civil advertille do risco de asolagamentos.
A intensa chuvia fixo que o nivel do río medrara nesta zona por riba dos tres metros.
Agárdase que o nivel máximo se acade aínda pola tarde, así que máxima precaución non só na zona do Avia, senón tamén no Arnoia e no Miño, circulan sobre 1.200 metros cúbicos por segundo.
O sábado poden recollerse novamente máis de 40 litros por metro cadrado, o que podería provocar novas enchentes.