CRTVG

Buscar

O Ribadumia xogará contra un equipo de Primeira na Copa do Rei

Publicado o 12/11/2020 07:31

Xornada histórica para o Ribadumia, que logrou a vitoria na previa da Copa do Rei e xogará contra un equipo de Primeira División. 

O Miengo cántabro foi o seu rival. O equipo en que xoga o exxogador do Pontevedra Manu Busto tiña o factor campo ao seu favor, pero o Ribadumia completou un partido moi serio en defensa. Cando faltaban quince minutos para o final, Diego Abal aproveitou unha das ocasións visitantes para marcar o histórico gol que lle permite aos do Salnés estar no bombo dos elixidos. 

A Senra vivirá un partido moi especial, diante dun equipo da elite do fútbol español. 

Noticias web

12/11/2020