CRTVG

Buscar

O réxime de Maduro inhabilita a Guaidó por 15 anos

Publicado o 28/03/2019 19:50

O contralor xeral de Venezuela, Elvis Amoroso, anunciou a inhabilitación do xefe do Parlamento, Juan Guaidó, recoñecido por máis de medio cento de países como presidente encargado do país, para o exercicio de cargos públicos durante 15 anos. Amoroso sinalou que se "presume" que Guaidó "ocultou ou falseou" datos da súa declaración xurada de patrimonio, e que á súa vez recibiu cartos de instancias internacionais e nacionais sen xustificar".

Guaidó fala de "farsa"

"Non existe un contralor, non existe unha inhabilitación, o Parlamento venezolano é o único que pode designar un contralor", sinalou ao recordar que o contralor xeral, Elvis Amoroso, foi designado pola oficialista Asemblea Nacional Constituínte e non pola Asemblea Nacional, que é o órgano previsto para iso.

Noticias web

28/03/2019