O retroceso da economía arxentina continúa en máximos históricos

A economía arxentina repuntou lixeiramente no terceiro trimestre despois de rexistrar a maior caída na serie histórica entre abril e xuño deste ano. Aínda así, en términos interanuais, o país suramericano volveu presentar unhas cifras moi preocupantes.
O PIB arxentino acumula dez trimestres consecutivos sen crecemento anual. A actividade económica contraeuse un 10,2 % no terceiro trimestre deste ano, en comparación co mesmo período do 2019.
Con todo, este nivel de caída é moito menor ao do segundo trimestre, cando o PIB retrocedeu máis de 19 puntos polas restricións da covid-19.
O presidente da Arxentina, Alberto Fernández, explica que "a idea era que ningunha empresa caese para que o día en que o pesadelo pasase, todo volvese rapidamente encamiñarse no traballo".
Segundo datos da OCDE, A Arxentina será o país do grupo dos 20 cun maior retroceso da súa economía este ano, unha contracción do 12,9 %, seguido moi de preto por España, que caerá outro 11,6 %.