CRTVG

Buscar

O reto é mundial: como debe organizarse a volta á clase?

Publicado o 27/08/2020 14:45

Volver a clase, pero como? No Reino Unido vimos o seu primeiro ministro, Boris Johnson, ao carón dos meniños sen máscara. Consideran que dificulta a aprendizaxe. O Goberno ameaza con multas aos pais que non leven os rapaces á escola.

En Francia, que están a pasar unha repunta con máis de 5.000 casos, van volver ás clases con máscara. Será obrigatoria a partir dos 11 anos.

En Alemaña, un país descentralizado, as normas varían en cada estado. O peche das escolas cando se detectan casos tamen varía de país a país, así como a modalidade de ensino: presencial, virtual ou mixta.

Nalgúns lugares as clases telemáticas non son doadas. Nesta rexión do Salvador, os alumnos teñen que subir outeiros, e mesmo ás árbores, para poder ter acceso a Internet.

En México o Goberno ten un convenio coas televisións para dar clases a 30 millóns de rapaces.

Unha difícil volta á clase sen unha receita global. Na cidade chinesa de Wuhan, orixe da pandemia, a Universidade abre as súas portas, iso si, con todo tipo de medidas de seguridade.

Noticias web

27/08/2020