CRTVG

Buscar

O restaurante da Escola Superior de Hostalería de Galicia, aberto ao público ata venres

Publicado o 20/03/2019 16:39

Dende hoxe e ata o venres abre ao público o restaurante carta da Escola Superior de Hostalaría de Galicia, onde os alumnos do último curso de cociña van ofrecer os menús que deseñaron para o seu proxecto fin de carreira. 

Para hoxe xa non queda ningunha mesa libre e aconséllase facer reserva para mañá ou para o venres, que será o último día. 

Estes rapaces están deixando toda a carne na grella porque do éxito destas xornadas vai depender a súa nota final de carreira. Este é o proxecto de viabilidade empresarial no que teñen que demostrar non só o que aprenderon en cociña, senón tamén en xestión financeira e recursos humanos.

Eles elaboran menú, contratan con provedores, establecen os prezos da carta e con todo iso teñen que demostrar que xa están sobradamente preparados para saír ao mercado laboral.


 

Noticias web

20/03/2019