CRTVG

Buscar

O remate da obra dos Concheiros, en Santiago, demórase ata o outono

Publicado o 21/04/2021 13:55

Vai facer seis meses desde que comezaron as obras de remodelación da rúa dos Concheiros, en Santiago. E os veciños soportan as incomodidades pensando nas melloras futuras.

Esta rúa é unha zona de paso desde os barrios das Fontiñas e San Lázaro. Por aquí tamén entran na zona histórica de Compostela os peregrinos do Camiño francés. Residentes e comerciantes cren que se deberían ter habilitado prazas de aparcadoiro

Incidencias nas redes de sumidoiros e na subministración eléctrica levaron o Concello a ampliar ata finais de setembro o prazo de execución da obra.

Noticias web

21/04/2021