CRTVG

Buscar

A remuda xeracional no balonmán galego está garantida logo do bronce no Europeo

Publicado o 23/08/2021 21:42

Chegou a España a selección xuvenil de balonmán que gañou a medalla de bronce no Europeo de Croacia. 

Un éxito que nos toca moi de preto, xa que co combinado español participaron tres galegos: Daniel Virulegio, Pablo González e Carlos Álvarez, un dos xogadores máis destacados da selección. Á fronte estivo o adestrador do Cisne Javier Fernández 'Jabato'. 

España pechou a cita continental cunha única derrota, nas semifinais e pola mínima. Na loita polo bronce derrotaron a Eslovenia.  

Noticias web

23/08/2021