CRTVG

Buscar

O Reino Unido rexistra un récord de contaxios en que predomina a variante delta

Publicado o 24/06/2021 08:23
O Reino Unido rexistra un récord de contaxios en que predomina a variante delta

O Reino Unido rexistrou máis de 16.000 contaxios, a cifra diaria máis alta desde febreiro. A pandemia vai a máis polo avance da variante delta, que xa é a dominante no país. Pero as autoridades sanitarias lanzan unha mensaxe de tranquilidade. Destacan que as vacinas están sendo moi efectivas tamén contra esta variedade: evitan os casos graves de covid−19, aseguran, especialmente cando se teñen postas as dúas doses.

Noticias web

24/06/2021