O Reino Unido rexistra 45.000 novos casos de coronavirus nun só día
Publicado o 18/10/2021 12:34

O Reino Unido rexistra o maior aumento de casos de coronavirus en tres meses. Nas últimas horas notificábanse máis de 45.000 novos contaxios. O país supera xa os oito millóns de infectados. Por quinto día consecutivo, os contaxios superaron os 40.000 casos diarios. Nunha semana os casos incrementáronse un 11 %.
O 19 de xullo levantáranse todas as restricións sanitarias no Reino Unido e reabríranse as fronteiras. Desde aquela, non é obrigatorio o uso de máscaras en interiores, non hai límite de ocupacións nos locais nin grupos reducidos e tampouco limitacións de reunións sociais e o ocio nocturno. As autoridades sanitarias temen que os vindeiros meses se complique a situación coa irrupción ademais da gripe e outros virus estacionais.