CRTVG

Buscar

O Reino Unido rexeita a extraditación de Assange aos EUA por motivos de saúde

Publicado o 04/01/2021 20:15
O Reino Unido rexeita a extraditación de Assange aos EUA por motivos de saúde

Un tribunal británico rexeitou este luns a extradición a Estados Unidos do fundador de WikiLeaks, Julian Assange, acusado por ese país de presunta espionaxe e intrusión informática, ao considerar que sería prexudicial para a súa saúde mental.

Ao pronunciar o seu ditame na corte penal londiniense de Old Bailey, a xuíza Vanessa Baraitser considerou "demostrado" que o australiano de 49 anos presenta risco de suicidio e podería suicidarse se é procesado nos EUA, onde probablemente sería retido en condicións de confinamento.