O Reino Unido recupera desde hoxe o control das súas augas de pesca
Publicado o 01/01/2021 13:08
A pesca é unha das grandes sacrificadas na negociación da saída do Reino Unido da Unión Europea. Os británicos recuperan desde hoxe o control total das súas augas territoriais. Permitirán faenar alí ós barcos da Unión Europea nos próximos 5 anos, pero cunha baixada nas cotas do 25 por cento. As especies máis castigadas son o xurel, o lirio, a xarda, a merluza e o galo. É dicir, a pesca habitual de máis de 100 barcos galegos.
Veremos qué máis piden os británicos en 2026, cando haxa que volver negociar as condicións de pesca. Polo de agora, este acordo que entra hoxe en vigor supón para a flota galega unhas perdas de 530 millóns de euros. É o cálculo feito polo Grupo de Economía Pesqueira da Universidade de Santiago.