CRTVG

Buscar

O Reino Unido realizará cambios nas viaxes internacionais desde e cara a Inglaterra

Publicado o 17/09/2021 09:16
O Reino Unido realizará cambios nas viaxes internacionais desde e cara a Inglaterra

O Goberno británico dará a coñecer este venres as novas regras para as viaxes internacionais desde e cara a Inglaterra, entre as que pode figurar a supresión das probas de covid−19 e unha simplificación da forma en que se catalogan os países en virtude do nivel de risco. Os cambios que o Executivo decida afectarán a Inglaterra, xa que as outras rexións británicas —Escocia, Gales e Irlanda do Norte— establecen as súas propias regras sobre viaxes.

Espérase que o Goberno de Boris Johnson modifique o actual sistema de semáforos en que están catalogados os países —vermello (alto risco), ámbar (intermedio) e verde (baixo). Os pasaxeiros procedentes de países en vermello teñen a obriga de facer unha corentena de dez días nun hotel asignado polo Goberno e correr cos gastos do aloxamento, e tamén test de covid−19 antes e despois de ingresar en Inglaterra. Para os países que están en ámbar e verde, as autoridades esixen unha proba de antíxenos antes de viaxar, que deberá dar negativa para poder embarcar, e unha PCR ao segundo día da chegada, tanto para os que teñen a pauta completa de vacinación como para os que non.  O Goberno podería suprimir a esixencia das PCR e substituílas por un test de antíxenos. Podería tamén modificar as categorías de vermello, ámbar e verde para dividir aos países só en vermello ou verde.

Noticias web

17/09/2021