CRTVG

Buscar

O Reino Unido propón reforzar os controis fronteirizos polo temor ás novas cepas da covid

Publicado o 27/01/2021 16:20

O Reino Unido supera os cen mil mortos por coronavirus, cifra non alcanzada aínda por ningún outro país europeo. O Goberno que preside Boris Johnson anunciará esta tarde novas restricións fronteirizas polo temor ás novas cepas do virus e pídelles aos británicos que non viaxen.

A pandemia de coronavirus non dá tregua ao Reino Unido, que con máis de cen mil mortos e case 3.700.000 contaxiados é o país europeo máis afectado pola pandemia e o quinto no mundo. O primeiro ministro, Boris Johnson, asumiu toda a responsabilidade pola estratexia adoptada para facer fronte ao virus e lamentou cada unha das vidas que quedaron no camiño.

Esta tarde, a ministra do Interior levará ao Parlamento británico as medidas de reforzo dos controis fronteirizos e a obrigatoriedade dunha corentena para os viaxeiros procedentes dos países con novas cepas do virus, como O Brasil e Suráfrica. Ao mesmo tempo, o Goberno pídelles aos británicos que non viaxen, nin por motivos laborais nin de ocio, se non é absolutamente necesario.

Noticias web

27/01/2021