O Reino Unido ofrecerá unha dose de reforzo a todos os maiores de 50 anos
Publicado o 14/09/2021 16:57
Segundo adiantan os medios británicos, o programa de reforzo consistirá nunha terceira dose da vacina Pfizer que nun primeiro momento se ofrecerá seis meses despois de ter a pauta completa.
Esta vacina de reforzo irá destinada primeiro aos maiores de 70 anos e ás persoas vulnerables e ampliarase despois aos maiores de 50. Ademais, o Goberno británico confirmou onte que en Inglaterra lles ofrecerán aos nenos de entre 12 e 15 anos una dose da vacina Pfizer para a que tanto os pais como os menores deberán dar o seu consentimento.