CRTVG

Buscar

O Reino Unido notifica outro máximo de contaxios diarios de coronavirus

Publicado o 17/07/2021 20:16
O Reino Unido notifica outro máximo de contaxios diarios de coronavirus

O Reinoi Unido comunicou este sábado outros 54.674 novos casos da covid nas últimas 24 horas, un novo pico desde o 15 de xaneiro, hai seis meses. Rexistráronse ademais 41 falecementos como consecuencia do virus.

As cifras coñécense o mesmo día en que o ministro de Sanidade, Sajid Javid, informaba en Twiter que dera positivo por covid-19, malia contar coa pauta completa de vacinación, e que polo momento os seus síntomas eran leves.

O número R- de reprodución do virus -en Inglaterra baixou lixeiramente malia o incremento significativo da taxa de infección do coronavirus por todo o país das últimas semanas.

Os datos de positivos diarios non deixan de subir a dous días de que se levanten as restricións legais o luns, cando o uso da máscara deixará de ser obrigatorio.