CRTVG

Buscar

O Reino Unido mantén para o 19 de xullo a eliminación das restricións malia o aumento dos casos

Publicado o 06/07/2021 21:09

O Reino Unido mantén para o 19 de xullo a eliminación das restricións contra a covid malia o aumento dos novos casos. Os casos alcanzan o nivel máis alto desde comezos de ano, arredor dos 25.000 diarios. Pero o primeiro ministro confirmou o 19 de xullo como día en que rematará a desescalada. A partir de aí, non haberá limite de ocupación en teatros ou cines, nin para reunións e non será obrigatorio o uso de máscara. Boris Johnson xustifica a eliminación das restricións no avance da vacinación. No Reino Unido o 64%. Estas medidas non contan co visto e prace da oposición nin dos médicos, que advirten do risco. Boris Johnson tamén anunciou que se está estudando a eliminación da corentena obrigatoria para os británicos vacinados que regresen de destinos en ámbar como España. De confirmarse sería un alivio para o sector turístico español. 

 

 

 

Noticias web

06/07/2021