CRTVG

Buscar

O Reino Unido levanta a maior parte das restricións

Publicado o 19/07/2021 21:21

Conta atrás para un máis que agardado 19 de xullo . Moitos recibiron o que chaman o 'freedom day' ou día da liberdade sen máscaras, se límites de ocupación nos locais de ocio e, bailando, xa non hai nada que obrigue a manter a distancia de seguridade. Logo de 18 meses de restricións, nin distancias nin límites tampouco no interior dos restaurantes e bares. O uso da máscara é agora decisión e responsabilidade tanto do cliente como do persoal.

Un lugar onde si continúa sendo obrigatorio o seu uso é no transporte público de Londres. No Reino Unido os casos diarios de coronavirus superan os 50.000 diarios por primeira vez en seis meses debido á variante delta, máis transmisible. Porén o primeiro ministro británico, Boris Johnson insta os seus compatriotas a facerse a pregunta de 'se non é agora, cando? cre que nos meses máis frios a vantaxe natural do virus é peor e que, co 68 % da poboación vacinada as restricións xa non frean nin as hospitalizacións nin as mortes, que só 'atrasan o inevitable'.














 

Noticias web

19/07/2021