CRTVG

Buscar

O Reino Unido inicia este martes a vacinación contra a covid-19

Publicado o 07/12/2020 13:41

En contedores superfríos, a 70 graos baixo cero. Así chegan aos hospitais do Reino Unido as primeiras doses da vacina desenvolvida pola farmacéutica estadounidense Pfizer e a alemá BioNTech.

"Saber que están aquí, e que estamos entre os primeros no país en recibir a vacina e, polo tanto, os primeros no mundo, é simplemente incrible", di Louise Coughlan, responsable da famacia do Croydon University Hospital.

As vacinas administraranse a partir do martes en 50 centros hospitalarios de Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte.

Gonzalo Santos, Enfermeiro de UCI en Londres di que "é un alivio, non é unha cura, pero polo menos serverá para evitar a transmisión".

A finais da semana poderían vacinarse tamén os primeiros españois. O Goberno de Xibraltar recibirá 35.000 doses da vacina de Pfizer, destinadas inicialmente a traballadores transfronteirizos de residencias e servizos sociais. Será a maior campaña de vacinación da historia do sistema público de saúde británico, e chega nun momento político decisivo, en plena recta final das negociacións do brexit.

Noticias web

07/12/2020