CRTVG

Buscar

O Reino Unido esixe corentena aos que volvan desde España

Publicado o 11/07/2021 21:57

O Reino Unido desenvolveu un sistema de semáforo para as restrcións pola covid−19 conforme á orixe do pasaxeiro. Os que volven dun país que está en cor verde só deben acreditar unha PCR negativa. No caso de España, Portugal, ou Italia, que teñen a cor ámbar, os viaxeiros procedentes destes destinos ao regresaren ao Reino Unido deben gardar unha corentena de ata dez días e ter ata tres PCR negativas.

Pero o goberno de Johnson xa anunciou que os rquisitos cambian a partir do 19 de xullo coa desescalada. Os residentes no Reino Unido que teñan a pauta completa da vacinación quedan exentos da corentena e só terán que realizar unha proba ao saír e outra ao regresar.

 

 

Noticias web

11/07/2021